Os queixos Terra de Melide candidatos para ser “os mellores queixos de España 2026”
- Laura Moure

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
O produto melidense compite nun concurso no que se presentaron máis de 800 mostras
Laura Moure/Melide
Os queixos de Lácteos Terra de Melide competirán na categoría “vaca joven leche cruda/pasteurizada” na final do XVI Campionato dos Mellores Queixos de España de 2026, GroumetQuesos, que se vai celebrar en Madrid o próximo luns 13 de abril.

O produto melidense compite nun concurso no que se presentaron máis de 800 mostras, avaliadas por 64 xuíces profesionais ao longo de dúas fases clasificatorias.
PUBLICIDADE

Este campionato está considerado o máis prestixioso de España adicado ao sector queixeiro, GroumetQuesos volveu reunir nesta edición os mellores queixos do panorama nacional, valorando en cada mostra aspectos como a cortiza, a cor, a textura, o aroma ou o sabor.
Publicidade
Salvador José Carreira, responsable de Lácteos Terra de Melide, apuntou que “estamos moi contentos que o noso produto volte a ter un recoñecemento a nivel nacional. Os nosos queixos, feitos na parroquia de Orois en Melide compiten nunha final de alto nivel, poñendo en valor o rural galego e o traballo do noso día a día. O noso negocio familiar aposta pola calidade e este tipo de acontecementos non fan máis que darnos a mellor recompensa de todas”.







Comentarios