top of page
Foto del escritorLaura Moure

Os mozos do campo de voluntariado de Boimorto e Vilasantar acondicionan rutas de sendeirismo

Ademais, tamén dinamizan a oferta cultural da zona


Laura Moure/Boimorto

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou este sábado o campo de voluntariado O Batán de Mezonzo que ten lugar no concello de Vilasantar, onde os mozos e mozas participantes axudan na mellora, consolidación e visibilización da ruta dos Muíños do Río das Gándaras e da ruta espiritual de San Pedro de Mezonzo.

Os 13 participantes proveñen de diferentes Comunidades Autónomas de España -entre os que hai cinco galegos- e teñen idades comprendidas entre os 18 e 30 anos. Neste campo puxeron en marcha un roteiro teatralizado cos 22 muíños destas rutas como fío condutor; e traballaron no acondicionamento dunha zona recreativa infantil, creando xogos, construíndo bancos e unha ponte colgante.


Publicidade

A directora xeral tamén visitou o veciño campo de voluntariado de Boimorto, no que os participantes colaboran na organización do Festival de la Luz, que se celebra esta fin de semana na mesma localidade, un evento musical consolidado que dinamiza a oferta cultural da zona.


Entre os 15 mozos e mozas participantes hai cinco que proceden do estranxeiro, entre os figuran países de orixe como Xapón, México, Francia e Italia. Neste campo, ademais de axudar na organización do evento, realizan numerosas visitas a lugares de interese da comarca, como a praia fluvial de Ponte do Castro ou a ruta dos Megalitos de Toques e Montes do Bocelo.


Publicidade

A campaña de verán deste ano 2023 é a máis ampla da historia, con máis de 11.200 prazas en distintas actividades, pero tamén e a máis variada e accesible. Nela ofrécense actividades para todas as idades e gustos como campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ou intercambios con outras Comunidades. O obxectivo é que a mocidade pase uns días de aprendizaxe e diversión e que os pais conten cun servizo de conciliación para esta época estival.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page