“Os marcos movémolos nós”: O Concello de Arzúa impulsa un obradoiro de teatro para mulleres do rural
- Laura Moure

- hace 17 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa vén de abrir o prazo de inscrición para o obradoiro de teatro comunitario “Os marcos movémolos nós”, dirixido a mulleres do rural interesadas en explorar a expresión corporal, a creatividade e a participación colectiva a través das artes escénicas.

A actividade, impartida pola actriz Cris Iglesias, desenvolverase na Casa das Mulleres (Centro de Información á Muller de Arzúa) os días 27 de novembro e 4, 11 e 18 de decembro, en horario de 16:00 a 18:00 horas. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse a través do correo cim@concellodearzua.com ou nos teléfonos 981 501 101 / 698 119 762.
Publicidade
A concelleira de Igualdade, Lucía López, destacou que “este obradoiro é unha aposta pola creación colectiva como ferramenta de empoderamento. O teatro comunitario permite que as mulleres compartan espazos, experiencias e obteñan novas habilidades de expresión para comunicar a súa realidade, unha realidade moitas veces silenciada, especialmente no rural”.
Publicidade
A Concellería de Igualdade anima a toda a veciñanza a participar nesta proposta, unha oportunidade para reflexionar sobre as desigualdades que nos atravesan a través do teatro, aprendendo a crear personaxes, explorar o corpo e mellorar as nosas formas de expresión para comunicarnos, recoñecernos e comprender mellor o mundo no que convivimos.








Comentarios