top of page

Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A positivo, 0 positivo e 0 negativo

Necesitan entre 400 e 500 diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial polo que ADOS fai un chamamento á poboación


Ecos da Comarca/Xeral

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación dos galegos e galegas na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. É necesario recordar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page