top of page

Os corredores e corradoras do Galaico Trail Run seguen destacando en distintas probas

8 nov 2021
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Os corredores e corradoras do Galaico Trail Run (GTR) continúan destacando en distintas probas. Nas últimas horas o clube tivo representación en distintas probas.


Este sábado as galaicas Belén Riádigos e Cristina Couto entraron terceira e cuarta no Ecocamiño entre Melide e Santiago de Compostela. Nesta proba tamén participou Juan Carlos Pampín do Clube Deportivo Arzúa.


Por outra banda, Manuel Pérez, tamén do Clube Deportivo Arzúa, disputou os 21 km de Vigo.


Por último, houbo representación dos corredores do GTR no Trail de Aloia: Vicente Agulló conseguiu un primeiro posto; Patricia Varela tamén quedou primeira e Tamara García logrou unha cuarta posición.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page