top of page

Os concellos de Lugo e Arzúa promocionan a 51ª edición da Festa do Queixo

A cita celebrararase os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo


Laura Moure/Arzúa

O Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e o alcalde de Arzúa, Xesús Carril, presentaron a 51ª edición da Festa do Queixo, unha das grandes citas gastronómicas e culturais de Galicia, que terá lugar en Arzúa os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo. Nesta nova edición, a programación combinará tradición e actualidade cun amplo abano de actividades: feira do queixo, concurso de tapas e petiscos, animación de rúa, showcookings, actividades infantís, torneo de xadrez, carreira Terra do Queixo e concertos.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No apartado musical, o sábado 28 de febreiro actuarán Dorian, Dakidarría, Dulzaro, Cool Nenas e Dogo, mentres que o domingo 1 de marzo será a quenda de Budiño, Ialma e M.J. Pérez, que presentará o seu novo disco. Todos os concertos celebraranse nun recinto aberto, con acceso libre a todas as actividades e espectáculos.


Xesús Carril destacou que “neste 51º aniversario queremos que persoas de todas as idades e de toda Galiza se sintan convidadas a participar dunha festa que une gastronomía, cultura e identidade”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Pola súa parte, Rubén Arroxo puxo en valor a colaboración entre institucións para dar proxección á celebración e animou á veciñanza lucense a desprazarse ata Arzúa para “vivir unha fin de semana de música, sabor e tradición nun ambiente aberto e participativo”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A Festa do Queixo reafírmase así como un evento interxeracional e accesible, que continúa medrando e consolidándose como unha referencia no calendario festivo galego. A programación completa pode consultarse na web https://www.festadoqueixo.org/programacion/

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page