top of page

Os Bombeiros tiveron que sacar a un condutor polo maleteiro tras quedar atrapado

Ecos da Comarca/Xeral

Os Bombeiros da Coruña tiveron que sacar a un condutor polo maleteiro tras quedar atrapado, tal e como informa o 112 Galicia. O vehículo no que viaxaba bateu contra un camión de transporte de coches.

ree

O sinistro rexistrouse pasadas as once desta mañá en Alfonso Molina, en sentido saída da cidade. Varios condutores contactaron co 112 Galicia para informar do accidente aínda sen quedar clara a secuencia do choque. 


Co paso dos minutos, confirmouse que un camión de transporte de vehículo e un turismo colisionaron e, como consecuencia do impacto, o condutor do coche quedou atrapado. De feito, foi axudado polos bombeiros para saír do turismo a través do maleteiro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez fóra, atendérono os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron que se trataba do único ferido neste accidente.


Ademais de bombeiros e sanitarios, foron avisados os axentes da Policía Local e os recursos de limpeza e mantemento da vía.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Un coche que daba bandazos

Por outra banda, en Santiago, concretamente na saída 72 da AP-9, en sentido norte, tivo lugar outro accidente con tres coches implicados e unha persoa ferida.


Segundo a información que facilitaron ao 112 Galicia os diversos alertadores, tratouse dun vehículo que invadía os outros carrís e ocasionou danos a outros coches. En total, foron tres os turismos implicados e unha persoa que foi atendida por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page