Os bombeiros rescatan a un operario cunha perna atrapada debaixo dun camión
- ecosdacomarca

- hace 13 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os efectivos do parque comarcal de Boiro utilizaron tacos e un hidráulico para liberar o operario. Unha vez accesible, o ferido foi atendido polo equipo médico, que preparou o seu traslado ao Hospital Clínico de Santiago a bordo do helicóptero medicalizado.

Faltaban uns minutos para as catro desta tarde cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun traballador cunha perna atrapada debaixo dun camión de obra. Atopábase á beira da AC-302, na recta de Lesón, á altura duns talleres. Alí acudiron os recursos de emerxencias en canto atenderon a chamada dos xestores do 112.
Publicidade
Deste xeito, os medios mobilizados foron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro e Ribeira e os axentes da Policía Local. Mentres os primeiros se encargaron da asistencia médica e o traslado, os segundos liberaron o ferido e os terceiros recolleron a información sobre o accidente que se circunscribe ao eido laboral.
Publicidade








Comentarios