Os bombeiros rescatan a un home logo dun derrubamento dunha casa
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os bombeiros rescatan a un home logo dun derrubamento en Moaña. Foi a única persoa implicada.

Publicidade
O 112 Galicia tivo coñecemento deste incidente arredor das 11:35 horas, momento no que un particular contactou co 112 Galicia para informar de que se producira o derrubamento dunha casa en Xalde de Arriba, cunha persoa atrapada no seu interior.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo, da Garda Civil e da Policía Local.
Publicidade
A dotación de bombeiros foi quen de liberar ao home para que fose atendido polo persoal sanitario, pois levárase un golpe nunha perna. Ademais, os bombeiros indicaron que se atopaba nun anexo á vivenda e non na propia casa.








Comentarios