Os bombeiros liberaron unha muller á que lle quedou unha perna atrapada nun motocultor
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Contra as 14 horas, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou ao 112 Galicia dunha muller á que lle atrapara a perna un motocultor nunha finca do lugar Fondevila, en Gaibor (Begonte).

De inmediato, ata o lugar dos feitos desprazouse persoal sanitario a bordo dunha ambulancia, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil e o GES de Friol-Palas.
Publicidade
Os bombeiros traballaron para retirar as coitelas do vehículo agrícola e liberar á muller, que foi evacuada ao Hospital Universitario Lucus Augusti.







Comentarios