Os bombeiros liberan a unha persoa logo dunha colisión entre un camión e un coche
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os bombeiros tiveron que liberar a unha persoa logo dunha colisión entre un camión e un coche en Bergondo. Non houbo feridos.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O accidente ocorreu uns dez minutos despois das 13:30 horas. O particular que contactou co 112 Galicia indicou que se producira unha colisión por alcance entre un camión e un turismo na DP-0105, antes do quilómetro 1. Ademais, un dos ocupantes do coche non podía saír, pois non abrían as portas logo do impacto.
Publicidade
Con isto, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo.
Publicidade
Foi preciso empregar o material de excarceración para que a ferida puidese saír e ser trasladada polo persoal sanitario. Había outro ocupante no turismo que, ao igual que o condutor do camión, resultou ileso.








Comentarios