Os bombeiros interveñen para liberar o condutor dun camión, atrapado tras unha colisión
- ecosdacomarca

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os bombeiros interveñen en Sanxenxo para liberar o condutor dun camión, atrapado tras unha colisión. Tal e como informa o 112 Galicia, dous camións colidiron esta mediodía na Autovía do Salnés, ao paso pola parroquia de Nantes, en Sanxenxo.

Como consecuencia do impacto, un dos condutores quedou atrapado no vehículo, polo que necesitou a axuda dos bombeiros para poder saír.
Publicidade
Segundo explicaron os alertadores, a persoa estaba consciente, pero atrapada polas pernas. Deste xeito, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros do Salnés, quen, finalmente, sacaron o ferido do interior da cabina do camión.
Unha vez fóra, recibiu asistencia por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, posteriormente, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ademais de sanitarios e bombeiros, os axentes da Garda Civil de Tráfico acudiron ao lugar do accidente.
Publicidade
A alerta activouse no 112 Galicia ás 12:30 horas de hoxe, despois de recibir a comunicación dun dos condutores implicados no sinistro.








Comentarios