Os Bombeiros de Ordes excarceraron un condutor tras unha colisión entre dous coches
- ecosdacomarca

- hace 14 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Eran as 12 horas cando o 112 Galicia tivo constancia deste accidente rexistrado no quilómetro 6 da AC-524, en Barbeiros.

Nese momento, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e a Policía Local de Ordes, así como a Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
Unha vez no punto e tras valorar a situación, os bombeiros confirmaron a necesidade de excarcerar un dos condutores, que foi finalmente trasladado nun helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao hospital.
Publicidade
O ferido foi evacuado nun helicóptero medicalizado con base en Santiago.








Comentarios