top of page

Os Bombeiros de Arzúa desprazáronse a varios puntos para protexer vivendas dos lumes forestais

O Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña mobiliza os seus bombeiros para apoiar os labores de extinción dos incendios en Ourense


Laura Moure/Arzúa

O Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña, integrado pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, continúa a colaborar activamente nas tarefas de extinción dos incendios declarados na provincia de Ourense, reforzando os equipos locais e contribuíndo á loita contra o lume nunha situación excepcional, con máis de 10 incendios activos e máis de 62.000 hectáreas arrasadas polo lume na provincia ourensá.


O presidente da Deputación e do Consorcio, Valentín González Formoso, explicou que os efectivos provinciais da Coruña levan operativos en Ourense desde o pasado martes, traballando de forma continuada en coordinación cos equipos locais, co fin de controlar os focos máis perigosos e protexer á poboación e os bens materiais. Para esta misión, a Deputación mobilizou dúas dotacións de bombeiros, integradas por 12 profesionais, dispoñibles 24 horas e que rotan periodicamente. Cada dotación conta con dous camións nodrizas e dous vehículos de mando, permitindo unha intervención rápida e eficiente en diferentes zonas afectadas.

Os Bombeiros de Arzúa o pasado xoves protexendo unha vivenda do lume no Leboreiro (Melide). Autor: Ecos da Comarca.
Os Bombeiros de Arzúa o pasado xoves protexendo unha vivenda do lume no Leboreiro (Melide). Autor: Ecos da Comarca.

O operativo está plenamente coordinado coa Xunta de Galicia, asegurando que os efectivos da provincia da Coruña poidan integrarse plenamente nas tarefas de extinción, control, apoio loxístico e vixilancia, mantendo sempre os protocolos de seguridade e coordinación cos demais equipos de emerxencia, incluídos axentes forestais, protección civil e voluntarios locais.


Valentín González Formoso agradeceu o traballo que os bombeiros están a desenvolver durante estas duras xornadas: "Os bombeiros da provincia da Coruña levan varios días traballando sen descanso xunto aos seus compañeiros de Ourense e doutros puntos de Galicia e a súa profesionalidade e dedicación son todo un exemplo", afirmou Formoso, que destacou tamén "a importancia da coordinación de todos os medios dispoñibles para a a extinción dos lumes e a prevención de novos focos".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios no parque de Arzúa participaron tamén activamente nas labores de extinción dos incendios declarados esta fin de semana en Toques e Melide, que foron tamén declarados de nivel 2 pola proximidade do lume ás vivendas. Tamén se desprazaron aos concellos de Santiso e Boimorto e o domingo a protexer vivendas en Berredo (Agolada). Onte de novo, tiveron foron mobilizados para San Martiño de Oleiros (Toques) por aproximarse o lume outra vez a casas. E cabe mencionar que o martes pasado tamén se desprazaron ao Castro, Dozón, onde tamén se decretou a situación 2 de emerxencia por un lume ao lado das casas.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O Consorcio Provincial Contraincendios continuará mantendo o operativo mentres sexa necesario, garantindo cobertura completa e coordinación permanente coas autoridades competentes en Ourense, coa Xunta de Galicia e o Goberno de España.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page