top of page

Os bombeiros axudan a saír a tres persoas dun autobús logo de bater contra un coche

Ecos da Comarca/Xeral

Os bombeiros axudan a saír a tres persoas dun autobús logo de bater contra un coche nas Neves. Houbo tres feridos no turismo, aínda que de carácter leve, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo dos Bombeiros de Ponteareas.
Foto de arquivo dos Bombeiros de Ponteareas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O accidente aconteceu arredor das 9:00 horas, momento no que o condutor do bus contactou co 112 Galicia. Durante a chamada explicou que chocara contra un vehículo nunha ponte, de maneira que non daban saído ao exterior, pois non abría a porta. Ademais, indicou que eran dous adultos e un neno, os cales resultaron ilesos, e que o accidente foi no quilómetro 0,5 da PO-415.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia avisaron aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil de Tráfico. Tamén tivo coñecemento do sucedido o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois un alertador desde o turismo implicado indicou que había unha persoa con molestias.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A dotación de bombeiros empregou dúas escaleiras para que os ocupantes do autobús puideran saír ao exterior pola parte de arriba do vehículo. Porén, no turismo finalmente contabilizáronse un total de tres feridos, aínda que non graves, que foron trasladados polo persoal sanitario ata o hospital de referencia.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page