top of page

Orixínase un lume nunha vivenda de Santo Estevo do Castro de Amarante, en Antas de Ulla

14 jul 2023
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Este xoves pola tarde orixinouse un incendio nun inmoble do municipio de Antas de Ulla. O 112 Galicia foi alertado minutos antes das 20:30 horas. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.

Foto de arquivo.

En concreto, foi a Garda Civil o que contactou co 112 Galicia tras avisar un particular que saía fume en Santo Estevo do Castro de Amarante. "Indicábanos que xa non había ninguén no interior da vivenda e que se viran afectados polo lume xornais e cartóns, pero cando chegaron os Bombeiros de Chantada, o particular xa o lograra apagar", sinala o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A modo preventivo tamén se alertou a Urxencias Sanitarias. O GES de Monterroso tamén foi avisado, pero eles non puideron acudir porque se atopaban nas tarefas de extición dun lume no concello de Paradela. Neste caso, os servizos de extinción traballaron ata a madrugada para retirar e refrixerar todo o material almacenado nas instalacións dunha nave dunha cooperativa agrícola, na súa maior parte rolos de palla que arderon por completo. A estrutura da nave viuse tamén afectada polas lapas.


Convén lembrar que o aviso chegou ao 112 Galicia a través dun operario da cooperativa na que se produciu o incendio, ás 15:30 horas do xoves. A rápida actuación dos medios de extinción impediu que o lume se propagase ás outras dúas naves que completan as instalacións desta sociedade, localizada en Castro de Rei de Lemos (Paradela), á altura do quilómetro 3 da LU-P-4205.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias, informados de modo preventivo, os Bombeiros de Chantada e de Sarria, o GES de Monterroso, os axentes da Garda Civil e persoal do Concello de Paradela. Ata o punto tamén se desprazaron para colaborar medios do distrito provincial de incendios forestais cunha motobomba.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page