Orixínase un incendio nunha vivenda do concello de Palas de Rei
- ecosdacomarca

- 3 dic
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Esta mañá orixinouse un incendio nunha vivenda do concello de Palas de Rei. O 112 Galicia foi alertado ás 7:00 horas.

Tal e como informa o GES de Monterroso, o lume afectou a unha cheminea dunha casa unifamiliar de planta baixa de San Miguel de Coence.
Publicidade
O GES conseguiu sofocar o lume e arrefriou e ventilou a vivenda. Ademais do GES, tamén se desprazaron a Garda Civil e os Bombeiros de Chantada, pero estes últimos xa non tiveron que intervir.








Comentarios