Orixínase un incendio nunha vivenda de Pastor, no concello do Pino
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Este venres pola noite orixinouse un incendio nunha casa do concello do Pino. O 112 Galicia foi alertado por particulares ás 23:20 horas.

"Na chamada indicábanos que había xente no seu interior, pero que xa estaban saíndo para fóra",informa o 112. Ocorreu no lugar da Pena, na parroquia de Pastor.
Publicidade
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa, a Garda Civil e unha ambulancia do 061.
"Recibimos a chamada do 112 ás 23:24 horas. Procedemos ós labores de extinción do lume e ventilación da vivenda. Só se produciron danos materiais", indican os Bombeiros de Arzúa.
Publicidade
Tamén sinalan que acabaron a intervención ás 1:33 horas deste sábado.
Comments