top of page

Orixínase un incendio nun garaxe da parroquia lalinense de Cadrón

Ecos da Comarca/Lalín

Foto de arquivo.

Pasados escasos minutos das 18:00 horas deste sábado, o 112 Galicia foi alertado por un incendio nun garaxe no municipio de Lalín. O suceso ocorreu no lugar do Castelo, na parroquia de Cadrón.

Tal e como informa o 112 Galicia o lume afectou ao garaxe dunha vivenda deste sitio. "Prendeu nun electrodoméstico e na leña que estaba alí almacenada. Pero foi extinguido polos particulares cunha mangueira", informa o 112 Galicia.

O 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Deza, aos GES de Lalín, á Garda Civil e tamén informou á Policía Local, a Protección Civil e ao Concello de Lalín.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page