top of page

Ollo! Estafas bancarias a través dunha mensaxe ao móbil

Laura Moure/Xeral

As autoridades alertan, unha vez máis, de estafas bancarias a través dunha mensaxe ao móbil, que pode chegar a nome de calquera entidade bancaria, e que se están recibindo estes días. A nós mandáronos un par delas. Moito ollo!!!!!!

Nós recibimos estas dúas mensaxes estes días. Autor: Ecos da Comarca.


O modus operandi é o seguinte:

  1. Envían unha mensaxe ao teu teléfono cun cargo que non se fixo e dinche que premas un enlace.

  2. Ao premer o enlace pídenche que introduzas o DNI e o PIN da banca electrónica.

  3. Ao realizar esta operación, ese simple click, perdes os cartos e non os devolven porque está confirmada a retirada.

  4. Noutros casos, (como nas mensaxes que nos chegaron a nós) dinche que senón premes no enlace, bloquearanche a conta.

  5. Tamén poden chamar ao teu teléfono. O número entrante non o tes gardado, pero sae na pantalla "Banca inmobiliaria", e fanse pasar polo teu banco intentando amedrentar ás persoas para que introduzan os seus datos, argumentando que perdes os cartos.

Outra das mensaxes que están mandando.

MOI IMPORTANTE: Nunca se debe facer caso a estes tipos de mensaxes e xamais premer nestes enlace e menos aportar datos persoais como DNI e menos a contraseña bancaria. Ningunha identidada bancaria nin ningún outro servizo lexítimo pedirache nunca os teus datos persoais, teléfono ou claves secretas de acceso. Non as compartas con ninguén.


En caso de caer na trampa débese comunicar canto antes, ben por teléfono a través do 091 ou 112, por internet ou presencialmente en dependencias policiales ou ante a Garda Civil.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page