top of page

Oito empresas aspiran a executar as obras de urbanización da ampliación do polígono de Palas

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Un total de oito empresas presentaron as súas propostas para executar as obras de urbanización da Fase III do parque empresarial de Palas de Rei en Lugo.

Esta actuación permitirá incrementar en preto de 40.000 m2 a súa superficie actual, que é de 75.473 metros cadrados, co fin de atender a demanda de solo industrial alí existente para impulsar a implantación de novas industrias ou que as existentes poidan aumentar a súa capacidade produtiva.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Palas de Rei conta con 67 empresas que representan o 53,6% das que teñen domicilio social na comarca da Ulloa. De feito, no polígono industrial de Palas de Rei están asentadas algunhas das empresas máis relevantes da zona que xeran case un cento de empregos directos.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

1,6 millóns de metros cadrados en Lugo

Esta actuación complementa a outros desenvolvementos urbanísticos de solo industrial que a Xunta de Galicia está a promover na provincia de Lugo, como son a tramitación dos instrumentos de planeamento (Peose) para a ampliación dos parques empresariais de Xove e do Corgo; a tramitación dos proxectos de urbanización para a ampliación de Meira; así como as obras de execución para a ampliación do polígono das Gándaras. En total, na provincia de Lugo encóntrase en tramitación ou urbanización 1,6 millóns de metros cadrados de solo empresarial.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page