O youtuber Cenando con Pablo visita Casa Brandariz en Arzúa
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
O creador de contido gastronómico Pablo Cabezali, coñecido polo seu canal Cenando con Pablo, estivo recentemente en Arzúa para degustar a proposta culinaria de Casa Brandariz, un dos establecementos de referencia da comarca.

Durante a súa visita, o popular youtuber probou distintos pratos representativos da cociña tradicional galega que ofrece o restaurante, destacando a calidade do produto e a elaboración caseira, aspectos polos que Casa Brandariz leva anos consolidando a súa reputación entre visitantes e peregrinos que percorren o Camiño de Santiago.
PUBLICIDADE
A presenza de Cenando con Pablo en Arzúa forma parte do percorrido gastronómico que o creador realiza por distintos puntos do territorio para dar visibilidade á restauración local e ás propostas culinarias con identidade propia. O seu contido acumula milleiros de seguidores nas redes sociais e contribúe a situar no mapa numerosos establecementos hostaleiros.
Esta visita supón tamén unha oportunidade de promoción para a gastronomía da comarca, cada vez máis presente nos circuítos dixitais especializados en turismo e restauración.
PUBLICIDADE
A súa visita na Casa Brandariz no enlace: https://www.facebook.com/reel/1529476381844184








Comentarios