top of page
Foto del escritorLaura Moure

O XV Festival Galego de Teatro Escolar de Touro, como ferramenta de aprendizaxe, intercambio e solidariedade será o día 16

Participarán nesta xornada cultural máis de 130 actores e actrices de tres Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia, en concreto de Touro, Palas de Rei e Teo


Laura Moure/Touro

Este mércores presentouse no Salón de plenos do Concello de Touro o XV Festival Galego de Teatro Escolar de Touro que se celebrará o sábado, 16 de marzo, nas rúas desta localidade e na Casa da Cultura. Este evento está organizado pola ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro e conta coa colaboración do Concello de Touro, A Asociación Cultural A

Pinguela de Bama, a Banda de Música Isabel II de Touro e o grupo Setepontes. Na presentación participaron o alcalde desta vila, Roberto Castro Rocamonde; o vicepresidente de A Pinguela de Bama, José Manuel Caneda Varela; o presidente da Banda de Música, Manuel Rodríguez Calvo; Lucía Sevio Barrio, representante do CPI Fonte Díaz e o director de teatro, Afonso García Penas.

Participarán nesta xornada cultural máis de 130 actores e actrices de tres Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Touro, Palas de Rei e Teo). O programa deste Festival é o seguinte:


Haberá un roteiro teatral, musical e poético ás 16:00 horas ao redor da Igrexa de San Xoán de Touro, que estará protagonizado por alumnado, familias e profesorado do CPI Fonte Díaz de Touro; polas Asociacións A Pinguela de Bama e o grupo de música Setepontes e pola veciñanza. Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogos e persegue varios obxectivos: achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, a aproximación do alumnado ao mundo rural e a súa posta en valor, a transmisión do tecido cultural das xeracións que nos precederon. O punto de partida será o local parroquial e transcurrirá polas rúas que hai a carón da Igrexa de San Xoán de Touro.


Publicidade

Ás 19:00 horas, na Casa de Cultura de Touro, a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Teatro, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e A Aula de Teatro do IES de Cacheiras porán en escena o espectáculo Á luz das candeas.


Á luz das candeas presenta desde una perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, diversas historias que invitan á reflexión sobre valores como a cultura da paz, a inclusión, o respecto ao medioambiente, a solidariedade, a integración, a igualdade... Trátase dun espectáculo vertebrado ao redor das historias que varias persoas maiores do rural lle relataron ao alumnado e que este teatralizou.


Publicidade

Este traballo coral e interxeneracional establece unha defensa das relacións humanas baseadas no diálogo, o respecto, a humildade... e pon de manifesto a empatía con aqueles que sofren. Trátase, asemade, dun espectáculo que pretende alentar ao desfrute dos sentidos e amosar un mundo que baila, que soña, que ri, que vibra de emoción... pero que moitas veces non percibimos por non mirar con outros ollos.


Como preludio a este espectáculo actuará a Banda de Música Isabel, de Touro ás 17:15 na esplanada do local parroquial.


Este Festival permite que o alumnado das tres Aulas de teatro interactúe e propicia que amose conxuntamente o traballo realizado durante o Curso teatral que se desenvolve ao longo do curso académico 2023/24 nas tres localidades; ademais de integrar a persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral. Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o día 7 de marzo no Teatro Principal de Ourense e continuará en

Palas de Rei, Cacheiras, Sestao, Caen e Bruxelas.


0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page