top of page
Foto del escritorLaura Moure

O vindeiro domingo 18 celabrarase a XXXI feira do Cabalo Camarca da Ulloa en Vilar de Donas, en Palas

Haberá cinco premios por categoría, consistentes en medalla honorífica e compensación económica


Laura Moure/Palas de Rei

A cita cabalar palense chega nest eano a súa XXXI edición, que trata de dar resposta a unha cada vez máis alta afección ao mundo equino, non só neste municipio, senón que tamén nos da zona. Trátase polo tanto dunha feira de carácter comarcal, sendo todo un referente autonómico, xa que conta con participantes que se desprazan dende as catro provincias galegas. Será en Vilar de Donas, Palas de Rei, o domingo 18 de agosto.

Ao longo destes 31anos que seleva celebrando, esta Feira foi evolucionando. Non só mudou a ubicación pasando de celebrarse no Mercado Gandeiro, ao campo da Capela de Vilar de Donas ou ultimamente ás modernas e adaptadas instalacións na Pista do Hipódromo de Vilar de Donas. Senón, que tamén contou coa incorporación de novas probas adaptadas a demanda do momento.


Publicidade

Entre as probas que se realizarán ao longo da xornada están:

  • Andadura dous tempos (serrada).

  • Andadura catro tempos (chapeada).

  • Trote de trotóns.

  • Velocidade cruzados.

  • Velocidade pura sangue inglés.

  • Velocidade pura sangue Árabe.

  • Carreira de burros.

  • Estampae beleza.


Haberá cinco premios por categoría, consistentes en medalla honorífica e compensación económica. As inscricións nas probas poderanse realizar o mesmo día da feira no posto habilitado para tal efecto.


Publicidade

Esta cita cabalar está organizada polo Concello de Palas de Rei conxuntamente coa Asociación Veciñal A Capela Vilar de Donas. Nesta edición contarase co xuíz de pista Javier Gómez Alamancos. Para máis información, os interesados poden contactar co Concello de Palas de Rei.

0 comentarios

Коментарі


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page