Disputará a súa primeira carreira aos mandos do Citroën C3 N5 e intentará loitar dende un principio pola vitoria na Top Ten Pirelli B e a Gara N5
Laura Moure/Touro
Ilusións renovadas para César Garabatos na súa tempada máis ambiciosa desde que comezou no mundo das carreiras. O Rallye da Coruña será a primeira cita para o piloto de Touro, que a principios de 2022 adquiriu a montura coa que debutará no Rallye da Coruña, un Citroën C3 N5 de RMC Motorsport. Intentará loitar dende un principio pola vitoria na Top Ten Pirelli B e a Gara N5.

Garabatos móstrase moi ilusionado con este novo proxecto: “Esta tempada decidimos afrontala coas maiores garantías, e a pesar de que temos orzamento para as primeiras carreiras, sairemos a loitar polos postos de cabeza desde o primeiro tramo da cita coruñesa”.
Ademais de montura, tamén estreará copiloto neste 2022. Á súa dereita acompañarao Santiago Nieto, copiloto de Santiago de Compostela, coñecido por acompañar entre outros a Javier Ramos Grille. “Con César a sintonía é moi boa, estivemos a realizar varias xornadas de test para adaptarnos o un ao outro e creo que poderemos realizar un bo papel”, sinala Nieto.
Por último, César Garabatos quere agradecer o apoio de todos os seus patrocinadores, en especial o de Cobre de San Rafael, que o volve a apoiar un ano máis xunto con Vip Car venda de vehículos e Talleres González.
Comments