top of page

O veciño de Arzúa Jacobo Vieites gaña un dos premios do concurso de microrrelatos de Feiraco

Laura Moure/Arzúa

O terceiro premio da categoría adulta do XIV Certame de Microrrelatos Vai de Mulleres das Letras Galegas 2026 de Feiraco foi para Jacobo Vieites Sánchez, veciño de Arzúa, polo relato 'Galicia Nai'. É natural do Mesón do Vento (Ordes), pero leva 10 anos vivindo en Santa María de Arzúa.

"Levo 10 anos viviendo e 8 traballando aquí en Arzúa, polo que estou xa "adoptado" totalmente no concello. De feito,para ambientar un dos últimos relatos a nivel nacional nos que fun premiado usei o nome de Brandeso para o nome do pobo no que acontecía a historia", sinala Vieites.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais, cóntanos que decidiu participar neste concurso de Feiraco "porque desde finais do 2024 comecei a escribir e a participar en certames literarios, gañando e publicándome varios neste tempo, aínda que o fago de forma amateur, xa que o compaximo co traballo de técnico comercial e de marketing dixital en Toldos Gómez e con adestrar a SD Pontecarreira de terceira rexional".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

No caso de concursos en idioma galego fora finalista no Certame de Microrrelatos de Gadis no 2024 e gañou o Certame de Relatos de AFAGA "Nun recuncho da memoria" sobre o alzheimer o ano pasado. 


"Os textos premiados e demais vounos subindo a un blog: sinldeletras.blogspot.com

Para participar voume enterando dos concursos nunha web adicada a publicar os certames que van saíndo, pero neste caso entereime porque unha semana antes de acabar o prazo avisoume o meu compaleiro de traballo Luis que había un certame de micorrelatos de Feiraco porque o escoitara na radio e sabe que escribo. Así que neste caso participei gracias a Luis".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O seu relato gañador:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page