top of page

O SLG convoca para o 29 unha concentración en Compostela contra Mercosur

Ecos da Comarca/Xeral

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) convoca unha concentración para este xoves, 29 de xaneiro, ás 12:00 horas, diante do Centro Comercial As Cancelas (Av. do Camiño Francés, 3, 15703) en Santiago de Compostela. "Baixo o lema ‘Non á aplicación do tratado UE-Mercosur’ as labregas e os labregos do SLG xuntarémonos co fin de exixir que a alimentación quede fóra deste acordo".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Lembra que o 21 de xaneiro o Parlamento Europeo paralizou o acordo UE-Mercosur e procedeu ao seu enviouno ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Agora a xustiza europea terá entre 6 meses e 2 anos para emitir o seu ditame. 

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Mentres tanto, a Comisión Europea, co apoio dalgúns Estados membros, tentará impulsar unha aplicación provisional deste acordo, tal e como nos confirmou o pasado venres, 23 de xaneiro, o comisario de agricultura e alimentación da Comisión Europea, Christophe Hansen, nunha reunión en Bruxelas á que acudiu o Secretario de Acción Sindical do Sindicato Labrego Galego, Brais Álvarez López, canda unha delegación da Coordinadora Europea Via Campesina (ECVC) -da que o Sindicato Labrego fai parte-.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page