top of page

O Slalom de Monterroso celebrarase o 31 de xullo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Monterroso

Nunha reunión entre a alcaldesa, o tenente de alcalde, o concelleiro de Deportes de Monterroso, a representante da escudería MixRallye e dous pilotos monterrosinos decidiuse este mércores que este ano a mellor data para a celebración do Slalom de Monterroso será o 31 de xullo.


Esta é a oitava edición desta proba automobilística, que é un referente a nivel galego pero tamén a nivel nacional. "Trátase dunha proba cunha proxección moi importante tanto a nivel deportivo como a nivel económico para o noso concello", indican desde o Concello.



0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page