O Serán Cativo abre a programación cultural de setembro en Arzúa
- Laura Moure

- 1 sept 2022
- 2 Min. de lectura
Este venres, 2 de setembro, haberá xogos tradicionais e actuacións para público infantil e familiar
Laura Moure/Arzúa
A programación cultural do mes de setembro en Arzúa comezará este venres, 2 de setembro, coa terceira edición do Serán Cativo, encadrado no programa de actos que a concellería de Cultura, que dirixe a edil Aurora Varela, organizaron para este verán.

Esta iniciativa volve despois da boa acollida que tivo nas súas dúas primeiras edicións. Trátase da celebración dun evento con obradoiros e actuacións de teatro e música tradicional para público infantil e familiar que se desenvolverán durante toda a xornada.
Pola mañá, ás 12:00 horas do mediodía, terá lugar na Capela da Madanela unha función de teatro a cargo da compañía Caramuxo e o espectáculo Na Casa, unha proposta para público infantil ata os 6 anos con música en directo. Trata sobre unha casa de aldea que antes non tiña veciños, pero pouco a pouco foron chegando Hortensia, a florista; Telmo, o veciño equilibrista; Arabela, que é cantante de ópera; O señor Antón, que é un vello mariñeiro e Rita, a gata que ven de visita á hora da merenda. Este espectáculo está recomendado pola Red Nacional de Teatros.
Pola tarde haberá un obradoiro de xogos tradicionais a partir das 17:00 horase ás 20:00 horas representarase o espectáculo Canta miña pedra, canta con Xoán Curiel e Charo Pita. O músico e compositor Xoán Curiel crea cancións onde se recollen aspectos da vida e obra de Antón Fraguas e outras feitas a partir das cantigas populares recollidas por Fraguas e narradas polo pobo ao longo dos séculos mentras que a actriz e narradora Charo Pita contará contos populares do noso patrimonio inmaterial.
As actividades da tarde realizaranse na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo e serán de acceso libre.







Comentarios