O S.D. Monterroso celebrou o seu 50 aniversario
- Laura Moure

- 30 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Foi unha xornada festiva para homenaxear a todas aquelas persoas que axudaron a medrar ao club
Laura Moure/Monterroso
O S.D.Monterroso celebrou onte o seu medio século de vida cunha xornada chea de actividades. O primeiro dos actos tivo lugar pola mañá no Espazo Cultural Lorenzo Varela no que a directiva do Club reuniu a entrenadores, xogadores, patrocinadores e colaboradores para agradecerlles o seu apoio.

A xornada que tiña por lema, 'Unión, traballo e respecto' pretendeu homenaxear a todas aquelas persoas que axudaron a medrar ao club ao longo destes 50 anos e tamén trazas novas metas e novos proxectos de cara o futuro, baseados sempre na formación en valores desde as idades máis temperás.
Desde a directiva tamén se avogou por seguir introducindo o fútbol feminino dentro da estrutura do club.
Publicidade
Pola súa banda o alcalde, Eloy Pérez, trasladoulles o apoio do Goberno local e comprometeuse a seguir mellorando as instalacións. Agradeceulles que defendan tan ben o escudo do club e que sexa a unión o que os mova na súa afección polo deporte.
Foi un acto moi emotivo no que tamén participaron históricos do club, os seus impulsores nas orixes e membros máis novos que reivindicaron un futuro moi prometedor.
Publicidade
De seguido inaugurouse na planta baixa do Espazo Cultural Lorenzo Varela unha mostra na que se fai un percorrido pola historia do club a través de diverso material, como fotografías, vestiario e trofeos conqueridos. Pódese visitar durante os próximos 15 días.
A xornada continuou con sesión vermú e un xantar popular no Cerdeiriños ao que asistiron preto de 150 persoas.








Comentarios