O Run Run Monterroso obten 2 podiums no Trail de Vilatuxe e a vitoria na OCR de Pontevedra
Ecos da Comarca/Monterroso
Este pasado sábado, 4 de xuño, celebrouse polo montes do Candán, na comarca de Deza, o IX Trail de Vilatuxe con saída e meta no Pozo do Boi. O evento que contou con 593 inscritos incluía a celebración de varias probas tanto para adultos como para os maís pequenos. O Run Run Monterroso logrou dous podiums.

Os compoñentes do Run Run Monterroso participaron no Trail curto de 17 quilómetros no que é gran dominador o corredor a Atletismo Arenteiro José Canda que leva gañadas as últimas seis edicións desta proba. En segundo lugar da xeral entrou este ano o corredor do Run Run Monterroso Rubén Vicente e en terceira posición Ignacio Cabaleiro.
Na categoría femenina subiu o máis alto do pódium a corredora do Run Run Monterroso Aila Fernández acompañada en segundo lugar por Iria Campos e en terceiro, por Natalia Leal.
Por outra parte, na cidade de Pontevedra, celebrouse na contorna da Illa das Esculturas a OCR Gladiator Race Rocket. Despois de 45 minutos, 6 quilómetros e 25 obstáculos o primeiro en chegar a meta foi o corredor do Run Run Monterroso Óscar Novo. En segundo lugar, a 15 minutos do ganador, entrou Iván López e en terceiro posto Francisco Pérez a 16 minutos.








Comentarios