top of page

O Run Run Monterroso logra tres podiums na carreira da muller Vivas e visibles de Sarria

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Monterroso

Este domingo celebrouse a VI carreira da muller Vivas e visibles de Sarria na que tamén participou o equipo Run Run Monterroso. A competición prevista para o mes de marzo tivo que adiarse debido ao forte temporal na data de celebración inicial.

A proba, que forma parte do Circuíto Miño Ulla de Carrreiras populares 2022, contou con 600 inscritos. Os participantes fixeron un recorrido que combinaba zona urbana con parte de camiños da contorna de Sarria. Despois dos cinco quilómetros da proba entrou en primeiro lugar Jorge García, en segundo lugar Rubén Vicente do Run Run Monterroso e en terceiro lugar Antonio Souto.


O equipo monterrosino tamén destaca que os corredores do Run Run Monterroso Moisés Cadahia e Paula Vázquez que acadaron primeiro e segundo posto das súas respectivas

categorías.

Por outra parte, o corredor do Run Run Monterroso Rubén Mosquera participou na IX Media Maratón de Santander onde acadou un magnífico posto 51 nesta carreira gañada polo atleta marroquí Redouan Nouini.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page