top of page

O Run Run Monterroso logra o premio especial por equipos da carreira popular da Festa da Augardente

Ecos da Comarca/Monterroso

Os corredores do Run Run Monterroso leváronse o premio especial por equipos da VI edición da carreira Popular Festa da Augardente de Portomarín. A carreira que supón o punto de arranque do VII circuíto Miño Ulla de carreiras populares congregou a un nutrido grupo de corredores que disputaron a carreira nun circuíto de 7.300 metros pola

contorna da vila de Portomarín. O evento enclavado dentro da programación da festa da Augardente, foi seguido por moito público e animado con grupos de música.

A nivel individual destacar a actuación da corredora do Run Run Monterroso Noelia López que acadou o podium co terceiro posto da súa categoría. Os tamén corredores do Run Run Monterroso Moisés Cadahía e Felipe Alvarado quedaron o borde do podium da súa categoría ao acadar ambos o cuarto posto. Tamén estivo moi preto dos mellores Rubén Mosquera, 11º da xeral e quinto da súa categoría.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page