“Agradecemos o traballo feito polo anterior goberno municipal, especialmente a Chus Iglesias e a Jose Prado, xa que ninguén en Melide concibe que ese terreo non sexa de todo o pobo, excepto Dalia García e o PP”, sinala
Ecos da Comarca/Melide
Os socialistas de Melide sinalan que están especialmente satisfeitos de que o Concello de Melide mercase "un terreo estratéxico no centro do pobo" e levando así a cabo un proxecto importante do anterior goberno de coalición entre o PSdeG-PSOE e Adiante Melide dende os anos 2019 a 2023. "Xa que a intención era clara, que unha ampla superficie, case 5.000 metros cadrados, nunha situación inmellorable e con diversas posibilidades de uso fose de todos os melidenses".
Publicidade
Aquel goberno, apunta, que empezou a andar en xuño do ano 2019, viu a importancia e transcendencia do proxecto e apoiou unanimemente a xestión que tiña como primeiro paso: conseguir a cesión e o uso do terreo para posteriormente proceder a súa compra.
"Coa cesión gratuíta, firmada o 15 de xullo do 2020, amosouse con claridade a utilidade pública, e posteriormente, no pleno do 22 de novembro do ano 2022, coa a aprobación do expediente de modificación orzamentaria reservamos cartos para a súa adquisición como terreo público para uso do pobo de Melide", recalca o PSOE.
Publicidade
"É necesario lembrar o afirmado naquel pleno polos diferentes partidos presentes. Mentres os que formabamos o Goberno Municipal defendiamos a importancia para o presente e o futuro de Melide de que o terreo fose de titularidade pública, o PP, acusou a xestión, por medio das voceira Dalia García e Paula Prado, de “pelotazo urbanístico”, de ter intereses ocultos, de que non era un prezo real e de que outros terreos reunían mellores condicións".
Publicidade
Os informes técnicos tanto xurídicos, urbanísticos como de taxación, sinala, que avalan a compra, "son claros e concluíntes". "Cómpre destacar o firmado polos técnicos da Deputación da Coruña, que con rotundidade afirma “...a súa adquisición directa
está xustificada” e “...desde o punto de vista técnico suficientemente motivada, con base na especial idoneidade dos bens para ese uso”".
A socialista Mónica Barral, afirma que "en base aos informes que obran no expediente, as voceiras do PP Dalia García e Paula Prado, debían desculpar as graves acusacións que no seu día fixeron”, e engade que “agradecemos o traballo feito polo anterior goberno municipal, especialmente a Chus Iglesias e a Jose Prado, xa que ninguén en Melide concibe que ese terreo non sexa de todo o pobo, excepto Dalia García e o PP”.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments