top of page

O PSOE de Lalín denuncia que "edís e asesores do goberno dedícanse a facer campaña para Rueda mentres desatenden as demandas veciñais"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Acusan a Crespo "de facer o ridículo en Madrid coa AP-53 e de votar para que Lalín reciba menos diñeiro"


Ecos da comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín denuncian "unha nova utilización dos cartos de todas e todos os lalinenses ao servizo dos intereses electorais do Partido Popular". Sinalan "que ao longo das últimas semanas asesores e concelleiros do goberno local se dedican a pasear a papeleta do PP por Lalín, mentres desatenden as necesidades da veciñanza".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Consideran inadmisible que o "exconcelleiro e agora asesor, César Reboredo, ande a pegar carteis electorais do PP polas parroquias, cando debería estar traballando nas súas funcións municipais polas que cobra o seu “soldazo”". Así mesmo, critican que o concelleiro Avelino Souto "se dedique a facer spam telefónico agresivo do PP, mentres non lle colle o teléfono a veciños e veciñas que o reclaman para solucionar algún problema".


Tamén denuncian "o abandono da actividade cultural por parte dunha desaparecida Begoña Blanco, que non é capaz de organizar tan sequera o concurso municipal de Entroido, pero si ten tempo para pedir o voto para o PP, cobrando de todas e todos os lalinenses".

Autopista

O PsdeG de Lalín pídelle a Crespo "que deixe de facer o ridículo utilizando a AP-53 como arma electoral" e reclámalle que “se quere as rebaixas que tanto leva pedido, vote a favor dos próximos Orzamentos Xerais do Estado onde por fin un goberno socialista as vai incluír”. Cualifican de “papel mollado” a moción que levou á comisión de Transportes no Senado e sinalan que “vai ser o PsdeG, con Besteiro á cabeza quen siga dando pasos, primeiro para a rebaixa da peaxe e finalmente para a súa gratuidade”. “O maior logro de Crespo coa autopista foi facer que os lalinenses paguemos ata Dozón cando saímos 15 quilómetros antes”, engaden.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Finalmente acusan a Crespo de votar para que Lalín reciba menos diñeiro votando no Senado contra do obxectivo de déficit que aumentaba a capacidade financeira de autonomías e concellos. "Este bloqueo que contou coa colaboración de Crespo obrigaralle ao concello de Lalín a recortar máis o gasto", recalca o PSOE.


NOTICIA RELACIONADA:



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page