top of page

O PSdeG de Monterroso eleva á Valedora do Pobo o "autoritarismo do alcalde"

Desmonta con decretos as súas "mentiras sobre Podente"


Ecos da Comarca/Monterroso

O PSdeG de Monterroso, a través do seu voceiro Rafael García, denunciou este venres "a estratexia de “bloqueo e ocultación” do alcalde", a quen acusan "de actuar de xeito autoritario a pesar de gobernar en minoría na corporación". A formación anunciou ademais que presentará unha queixa ante a Valedora do Pobo polo que cualifican como un “apagón democrático” no funcionamento institucional do Concello e "polo incumprimento reiterado dos acordos adoptados polo Pleno".

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Segundo explica o PSdeG, o rexedor "está ignorando a vontade da maioría da corporación municipal -8 dos 11 concelleiros- e está a limitar a participación da oposición nas sesións plenarias". Denuncian que o alcalde "chegou a asumir el mesmo a lectura dos rogos e preguntas da oposición, facéndoo de maneira “rápida e inintelixible”, o que, segundo as e os socialistas, dificulta o debate público dos asuntos municipais".


“O alcalde tenlle medo á voz da maioría. Busca que os problemas das rúas non se escoiten para ocultar que os acordos plenarios son papel mollado para o PP”, afirma García.

O PSdeG respondeu tamén ás acusacións do goberno local sobre supostas “filtracións” relacionadas coas obras de Podente e As Casas Novas. Segundo explican, o documento ao que fai referencia o Partido Popular é o Decreto nº 2026-0157, asinado polo propio alcalde o pasado 9 de febreiro e remitido oficialmente á oposición como parte da documentación do Pleno. “Como pode ser unha filtración un documento público que o propio alcalde asinou e que nos foi entregado oficialmente? Ou o alcalde está mentindo á veciñanza ou está asinando documentos sen saber o que pon neles”, sinalan.


No que respecta ás obras en Podente, o Grupo Municipal Socialista rexeita que a climatoloxía sexa a causa da situación actual e lembran que o PSdeG xa presentara un rogo no mes de xullo de 2025 advertindo do estado “deplorable” dos accesos. “Houbo meses con boas condicións meteorolóxicas para actuar. Botarlle agora a culpa á choiva por unha situación que leva oito meses sen resolverse é unha escusa de mal pagador e un insulto á veciñanza”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Finalmente, a formación contrapón o apoio económico da Deputación de Lugo "co que consideran un abandono reiterado por parte da Xunta de Galicia". Segundo sinalan, "mentres a Deputación achega ao municipio máis de 300.000 euros anuais a través do Plan Deputación para investimentos e emprego, os orzamentos da Xunta para 2026 non inclúen fondos para proxectos como a residencia ou a depuradora de Monterroso". “O alcalde debería explicar por que o seu partido en Santiago deixa a Monterroso con cero euros para infraestruturas fundamentais mentres el dedica o tempo a fabricar polémicas e propaganda”, conclúe o voceiro socialista.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page