top of page

O programa Vai de Auga regresa ao Pino cunha nova edición de benestar nas Termas de Cuntis

As saídas están previstas para os mércores 6, 13, 20 e 27 de maio, así como o 3 de xuño


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Auga, unha iniciativa orientada a mellorar o benestar da veciñanza mediante a participación en actividades termais, ao tempo que se promoven hábitos de vida saudable e a convivencia social. Nesta edición, o programa volverá ofrecer cinco sesións no Acquaform Termas de Cuntis, un espazo idóneo para o relax e o coidado persoal. As saídas terán lugar os mércores 6, 13, 20 e 27 de maio, e 3 de xuño, con saída dende a Praza do Concello ás 16:15 horas e regreso previsto arredor das 20:00 horas.


O prezo do programa é de 70 euros e inclúe o acceso ás instalacións termais. Ademais, o

desprazamento en autobús será gratuíto para as persoas participantes ao estar financiado polo Concello.

 PUBLICIDADE

As inscricións abriranse o martes 7 de abril. As prazas son limitadas, polo que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información no centro

sociocultural ou no teléfono 981 511 065. O formulario de inscrición está dispoñible na web

municipal nesta ligazón: https://opino.gal/vai-de-auga/


Este programa consolídase ano tras ano como unha das actividades máis valoradas pola veciñanza do Pino, tanto polos beneficios que achega á saúde —especialmente para

persoas con molestias musculares ou articulares— como polo seu valor social, ao favorecer o encontro e a relación entre veciños e veciñas.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o Concello anímase á participación nesta iniciativa, lembrando que, no caso de participación de menores, deberán estar acompañados por unha persoa adulta.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page