top of page

O programa MercaNaVila dinamiza o comercio local de Arzúa

A iniciativa da Deputación da Coruña conta cun orzamento de 6 millóns de euros, e xa ten preto de 1.000 comercios adheridos en toda a provincia da Coruña, 30 deles en Arzúa


Laura Moure/Arzúa

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, destacou, durante a súa visita ao concello de Arzúa, o firme compromiso da Deputación coa promoción do tecido comercial local e coa dinamización económica dos concellos de menor tamaño. Fíxoo durante á súa visita ao municipio, na que estivo acompañada pola concelleira de Turismo, Promoción Económica e Ación Urbana, Begoña Balado, o presidente da Asociación de empresarios, Diego Valiño e a xerente da entidade, Cristina Carril. Xuntos percorreron as rúas de Arzúa, animando á cidadanía e ao sector comercial a sumarse ao programa MercaNaVila, unha iniciativa que busca apoiar ao comercio de proximidade nos concellos de menos de 20.000 habitantes así como contribuír a reactivación do consumo local.

ree

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"MercaNaVila xa conta con 960 comercios adheridos, 30 deles en Arzúa, o que nos confirma o éxito da campaña", asegurou a deputada, ao que engadiu que "é un dos maiores programas de impulso ao consumo de proximidade activado en Galicia nos últimos anos. Estamos a falar dunha ferramenta coa que se incentivan as vendas e coa que se impulsa o comercio dos pequenos municipios, que non deixan de ser o motor económico e xerador de emprego das nosas vilas".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A cidadanía pode descargarse os bonos-desconto de 100 euros (entre 5 e 15 euros en función do importe de cada compra), a través da páxina web www.mercanavila.gal e poderán facer uso do mesmo ata o 20 de novembro ou ata que se esgote o orzamento dispoñible.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page