top of page

O programa arzuán de excursións 'Coñece o teu país' levará a un cento de persoas a Marín

18 ago 2023
2 min de lectura

As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura informa que o Concello de Arzúa ofrece para este mes a terceira das excursións do programa Coñece o teu país deste ano. Un ano máis, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poden desfrutar de catro excursións ás catro provincias galegas. Despois de coñecer máis de preto Fisterra e Lugo, a seguinte viaxe será o vindeiro sábado día 26 de agosto a Marín.

Os asistentes á excursión de Lugo.

Nesta ocasión farase unha visita ao Museo Municipal Manuel Torres que nace ao carón da doazón do seu benfeitor, o pintor Manuel Torres Martínez, dunhas 77 obras ao Concello de Marín. Manuel Torres naceu en Marín en 1901. Influído principalmente por Carlos Maside, a quen lle unía unha grande amizade, traballa en xornais con viñetas e debuxos nos que se deixa ver a súa admiración polo estilo e sátira de Castelao. A súa ampla traxectoria abarca case todas as disciplinas e correntes: paisaxes, bodegóns, retratos e gravados, ademais de numerosos debuxos a lapis, tinta e esculturas. As outras salas recollen exposicións temporais de artistas plásticos contemporáneos e artesáns.


A xornada completarase cun paseo polos máis de 20 mil metros cadrados do Parque dos Sentidos, chamado tamén a Granxa de Briz, un gran espazo multifuncional onde é tan posible deslizarse por un enorme tobogán e escalar por un rocódromo como experimentar cos sonidos, os instrumentos e a auga. Pola tarde, as persoas participantes poderán gozar dun tempo de baño na Praia de Mogor.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo indica o concelleiro de Cultura, José Luís García, “todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante a partir de hoxe, venres 18 de agosto”. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page