top of page

O PP presenta as propostas deportivas do seu proxecto aos representantes das entidades de Monterroso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Eloy Pérez falou de “novas gradas no campo de fútbol, punto de limpeza de bicicletas e local para o club San Miguel, apoio ao slalom, facer o posible por recuperar o Rally Comarca da Ulloa e construción dunha pista multifuncional de motociclismo e karts”


Ecos da Comarca/Monterroso

O candidato do PP á Alcaldía de Monterroso, Eloy Pérez, está a intercambiar impresións cos veciños e colectivos mantendo distintos encontros e reunións para dar a coñecer aspectos do programa electoral co que o Partido Popular concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Recentemente, nunha xuntanza con representantes de varias entidades deportivas do municipio deu a coñecer algunha das súas propostas neste ámbito

.

O candidato popular celebra que “Monterroso conte con equipos de fútbol en varias categorías” e aposta polo apoio á disciplina. Entre as iniciativas abordadas na xuntanza, sinalou “a modificación da normativa urbanística para facer posible a construción de novas gradas no campo de fútbol, a mellora dos aseos para o público e o estudo da reforma e ampliación do edificio no que están aloxados os aseos para o público e o ximnasio para os futbolistas”.

Pérez ten en conta tamén “a elevada demanda e o auxe do pádel en Monterroso” e explicou que “está en fase de estudo unha aplicación para xestionar todo o relativo á reserva das pistas dende o móbil”. Outro deporte con gran demanda é o ciclismo e, neste caso, comprometeuse a ceder un local para as actividades do Club Ciclista San Miguel e dotar a Monterroso dun punto de limpeza para bicicletas.


No ámbito do automobilismo, Eloy Pérez pretende “continuar a apoiar a proba de Slalom en Monterroso e buscar a colaboración doutros Concellos e administracións para recuperar o Rally Comarca da Ulloa” porque “estas citas contribúen á dinamización social e económica do noso concello”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Tendo en conta que “Monterroso conta con deportistas, pero no noso concello non hai instalacións para a práctica do motociclismo; o popular propón estudar a posibilidade de construír unha pista multifuncional na que poder adestrar e que tamén sirve como circuíto de karts”. Neste caso, explica que “situada preto da área recreativa da Peneda, complementaría e potenciaría a zona”.


Promesas cumpridas

Eloy Pérez defende que “o PP cumpriu o prometido no programa electoral do 2019 no ámbito deportivo”. É o caso da construción da terceira pista de pádel e a dotación de aseos, duchas e instalación eléctrica. E no campo de fútbol, “rexenerouse o céspede e melloráronse os vestiarios e a cafetería”.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page