Está composta por 23 persoas e encabezada pola exalcaldesa Dalia García
Laura Moure/Melide
O PP de Melide presenta unha candidatura renovada conformada por homes e mulleres "que traballarán arreo para conseguir o Melide que os melidenses se merecen: un Melide dinámico, un Melide turístico, un Melide cabeceira de comarca, un Melide referente no cerne de Galicia". Está encabezada pola exalcaldesa Dalia García.
García agradece o paso adiante que dan a maioría das persoas que lideran a lista do PP de Melide para as vindeiras eleccións municipais "así como non podo facer máis que sentir unha gratitude inmensa cara os/as concelleiros e concelleiras saíntes e persoas que xa non conformarán parte da candidatura para as vindeiras eleccións do 28 M pola súa adicación, o seu traballo e o seu bo facer dentro da familia do PP de Melide que sempre conta e contará coa experiencia do presente, pasado e do futuro".
Nos vindeiros días o PP de Melide presentará o seu programa electoral "onde o eixo é un Melide aberto, transversal onde o partido aspira gobernar para todos e para todas os melidenses".
A lista do PP de Melide:
N° 1 Dalia García: "Apaixoada do servizo público e, sobre todo, de servir aos seus veciños. Dalia está formada, acumula experiencia e chega cargada de ilusión. Cun proxecto sólido e un equipo brillante, será a próxima alcaldesa de Melide".
N °2 Antonio Romero: "Home activo, emprendedor e con marcada capacidade de diálogo. Ocupa o segundo posto da candidatura cheo de ilusión e decidido a traballar arreo para recuperar o bo rumbo de Melide".
N° 3 Aurora Fernández: "Aurora é unha referente na defensa da muller rural en Galicia e impulsora de numerosas actividades na vila. Da un paso máis para seguir traballando por Melide".
N° 4 Jairo Rodríguez: "Jairo é de Santa María, é arquitecto técnico e ten algo claro: Melide pide cambio. Seguimos sumando ideas e capacidade de traballo".
N° 5 Cristina Castro: "Muller decidida e valente. Cris incorporase a este equipo de traballo para sumar ilusión e ideas frescas ao novo goberno".
N° 6 Carlos Mosteiro: "Natural de San Salvador, home incansable apaixoado do deporte e do rural melidense, o cal defenderá sen fisuras dende esta candidatura".
N° 7 Conchi Fernández: "Mestra e actual directora da Escola Infantil A Galiña Azul, únese coa máxima implicación para achegar o cambio que piden os veciños!"
N° 8 Pablo Costoya: "Vocación de servizo público e experiencia volven poñerse ao servizo do rural melidense, o cal Pablo coñece coma poucos".
N° 9 Adrián Roca: "Mocidade ao servizo de Melide. Adrián é un traballador incansable recoñecido por todos, sempre disposto a axudar. Súmase a un equipo gañador para recuperar o futuro da vila".
N°10 Raquel Rúa: "Actual concelleira da corporación, Raquel é exemplo de entrega e paixón pola vila, sempre disposta a axudar a cada veciño. Grazas por renovar a túa forza".
N° 11 José Buyo: "Dedicado á actividade comercial e bo coñecedor dun gran activo melidense: o ocio nocturno. Non dubidou en unirse á candidatura para que Melide siga sendo referente".
N°12 Luis Arias: "Empregado de banca con experiencia no goberno municipal, decide seguir aportando ideas para construir xuntos un proxecto para Melide".
N°13 Ánxeles Vázquez: "Sempre con Melide no corazón e recoñecida por todos, é un luxo anunciar que Ánxeles Vázquez pecha a candidatura titular para as vindeiras eleccións municipais!".
N°14 Víctor Lebrón: "Nado en República Dominicana e afincado en Melide dende hai anos. Empregado industrial e traballador frecuente no ocio nocturno local, quere demostrar o sentimento que ten pola nosa vila".
N°15 Dolores Vázquez: "Muller natural de Folladela, comprometida co rural e coa súa parroquia. Únese ao noso proxecto para que se lle volva a dar prioridade ás parroquias".
N°16 José María Bolaño: "Unha persoa comprometida coa familia popular de Melide que, logo da súa xubilación, decide formar parte da candidatura e sumar traballo e ideas para a vila".
N°17 Cristina Mato: "Natural do Barreiro, é Técnico de Emerxencias Sanitarias. Cris repite candidatura mantendo o seu compromiso con este proxecto!".
N°18 Alberto Mella: "Seguimos sumando xuventude á candidatura! Este mozo gandeiro coñece e demostra cada día o potencial do noso rural. Grazas por sumarte ao cambio!".
N° 19 Sandra Mejuto: "Muller activa e emprendedora. Polos seus negocios coñece de preto un dos grandes activos de Melide, o Camiño de Santiago!".
N° 20 Vicky Sánchez: "Ilusión e traballo definen a Vicky. Traballadora de hostelería recoñecida por todos os veciños de Melide, súmase ao equipo do cambio!".
N° 21 Antonio Loureiro: "Seguimos contando coa experiencia nesta candidatura. Natural de Moldes e con toda unha vida adicada ao sector eléctrico".
N° 22 Pepe Garea: "Un clásico da familia do Partido Popular de Melide. Logo da súa longa carreira como conserxe, nunca deixa de lado o seu amor pola nosa vila".
Nº 23 Eva Mª Vázquez Caridad: "Enfermeira de profesión, sinte e defende con paixón a súa terra natal".
Kommentare