top of page
Foto del escritorLaura Moure

O popular Eloy Pérez, novo alcalde de Monterroso

"Diálogo, entendemento e consenso son necesarios para que Monterroso teña futuro", sinala


PLENO DE INVESTIDURA. ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

 

Laura Moure/Monterroso

Onte, sábado, tamén tivo lugar o pleno de constitución da nova Corporación Municipal de Monterroso. A sesión estivo marcada polas incógnitas, xa que visto os resultados electorais do 28M, non había nada claro. Finalmente, saíu elexido mandatario o popular Eloy Pérez, que dende o 2021 era tenente de alcalde no goberno liderado por Rocío Seijas, de Independentes por Monterroso.

Cabe recordar que os resultados foron os seguintes:

  • PP ( 3 concelleiros)

  • PSOE ( 3 concelleiros)

  • Independientes por Monterroso ( 2 concelleiros)

  • Partido Galego (2 concelleiros)

  • BNG (1 concelleiro)

Á hora de votar, as cinco formacións políticas, fixérono por cada un dos seus candidatos, saíndo elixido Pérez, que logrou os tres votos do seu partido, pero que conseguiu o bastón por ser a forza máis votada nos comicios.


Así terá que gobernar en minoría, aínda que sinalou que manterá encontros con Independientes por Monterroso e co Partido Galego para conseguir un acordo.

"Diálogo, entendemento e consenso son necesarios para que Monterroso teña futuro. É necesario que todos axudemos a construilo e non a destruilo. O futuro está nas mans dos políticos e é a nosa responsabilidade. Sorte a todos os integrantes da corporación municipal. Aut viam inveniam aut faciam", sinala o novo mandatario.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Kommentit


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page