top of page

O Pleno do Consorcio de Bombeiros de Lugo aproba unha aportación de case 2M€

A Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia financian ao 50% o Orzamento da entidade encargada da prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento nos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro


Ecos da Comarca/A Ulloa

O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este martes o Pleno desta entidade no que se aprobou unha aportación extraordinaria de case 2M€ para mellorar os seis parques da provincia e facer fronte á suba salarial acordada no convenio cos traballadores. 

ree

Na anualidade 2025 o Orzamento ascenderá deste xeito ata os 10,7M€. A Deputación achega o 50% desta dotación económica  e o outro 50% a Xunta de Galicia. 


No caso dos parques de Sarria, Chantada e Vilalba, os novos fondos permitirán ampliar as instalacións para dotalas dun espazo de almacenaxe; no caso de Barreiros actuarase sobre as filtracións de auga na terraza, reformarase a cuberta e o soportal, as humidades da fachada, pintaranse as paredes e os teitos interior e acondicionaranse os baños; en Monforte rehabilitarase a cuberta e os canlóns, revestiranse as fachadas e pintaranse as instalacións por dentro e por fóra; e en Viveiro acondicionarase o chan do ximnasio. O custe conxunto destas obras superará os 700.000€.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, 1,19M€ estarán destinados ao cumprimento do convenio asinado a principios de ano cos traballadores, nos que se recollían entre outras melloras a incorporación de 26 efectivos, un aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, redución de 158 horas anuais ata as 1.642 horas, ou o recoñecemento como persoal laboral fixo dos traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación do pasado 1 de maio do 2019.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo, conformado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, inclúe os parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada. Cabe mencionar que o Parque de Bombeiros de Chantada (do Consorcio Provincial de Lugo) dá cobertura aos seguintes concellos: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Guntín, Monterroso, Saviñao, Portomarín, Palas de Rei e Taboada.


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page