top of page

O Pleno de Monterroso aproba a cesión dunha parcela municipal ao IGVS para construír vivenda protexida

Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso levou onte ao Pleno ordinario a proposta de inicio do expediente para a cesión gratuíta dunha parcela municipal ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). O destino previsto da cesión é a incorporación do inmoble ao Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. A proposta foi aprobada por unha unanimidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A parcela, de titularidade municipal, está situada na Avenida de Pontevedra, número 15, ten unha superficie de 478 metros cadrados, dá fronte á Avenida de Pontevedra e á rúa Concepción Arenal e atópase actualmente sen edificar. O informe técnico incorporado ao expediente avala a idoneidade da parcela para formar parte do Programa do IGVS.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.


 Entre outras cuestións, recolle que o solar está clasificado como solo urbano, que o uso residencial é compatible co planeamento municipal, que dispón dos servizos urbanísticos básicos e que non consta ningunha limitación urbanística ou sectorial coñecida que impida a súa incorporación ao programa.


Tras a súa aprobación no Pleno, o expediente someterase a un período de información pública de vinte días mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, co obxectivo de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen oportunas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, pon en valor a importancia desta proposta e afirmou que “poñer solo municipal a disposición do IGVS é unha oportunidade para facilitar a promoción de vivenda protexida e contribuír a que máis persoas poidan acceder a unha vivenda en condicións máis accesibles”.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page