Ecos da Comarca/A Ulloa
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Centro de Educación Especial CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos, un dos 107 centros educativos da provincia de Lugo que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe). A través deste plan, a Xunta de Galicia apoia as bibliotecas escolares como espazos estratéxicos para mellorar a calidade do ensino e a atención á diversidade mediante ferramentas de aprendizaxe e recursos para material didáctico. Entre elas vense beneficiaros tres centros educativoos da comarca da Ulloa.

Neste curso 2024/2025 o Plambe incorpora catro novos centros na provincia, que recibirán formación específica e apoio técnico a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Ademais, os 103 centros que renovan a súa participación, entre os que se encontra o CEE Infanta Elena, contarán con axudas para ampliar os fondos bibliográficos, modernizar o mobiliario e equipamentos ou sufragar gastos de mantemento e xestión das súas bibliotecas. Do concello de Monforte de Lemos tamén están subscritos a este plan os centros CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos, IES Francisco Daviña Rey, CEIP Plurilingüe A Gándara, IES Río Cabe, IES A Pinguela e a EOI de Monforte de Lemos.
O obxectivo principal deste programa é transformar as bibliotecas escolares en espazos dinámicos e innovadores, promovendo tanto a comprensión lectora como o hábito lector. A renovación dos recursos busca, ademais, fomentar a creatividade, ampliar as oportunidades de aprendizaxe e consolidar a biblioteca como un apoio esencial.
Publicidade
As bibliotecas escolares son un motor esencial do desenvolvemento académico e persoal do alumnado galego. Por iso, a Xunta de Galicia impulsa numerosas accións nestes espazos para seguir apoiando a transformación e renovación das bibliotecas, tanto no que atinxe a programas específicos como á dotación de equipamento. Entre as iniciativas destacan o Plambe, a Biblioteca Creativa, Lectura e Familias ou os Clubs de lectura, entre outras.
Da comarca da Ulloa estes son os beneficiarios:
CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla
IES de Monterroso
CEIP Plurilingüe de Palas de Rei
Todos os centros participantes pódense consultar no seguinte enlace:
Comments