top of page

O Pino volve poñerse en marcha con Camiña e Descubre, este ano percorrendo a Vía da Prata

A primeira saída desta novena edición será o sábado 28 de febreiro dende Ourense ata Sobreira

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino vén de abrir o prazo de inscrición para a novena edición do programa Camiña e Descubre, unha iniciativa xa consolidada no calendario municipal que combina actividade física, coñecemento do territorio e convivencia social. Nesta edición, as persoas participantes percorrerán a Vía da Prata no seu tramo Ourense–Santiago, unha das rutas históricas do Camiño de Santiago.

A aventura comezará o sábado 28 de febreiro, cunha primeira saída dende Ourense ata Sobreira, e cun obxectivo claro: avanzar etapa a etapa ata chegar a Compostela antes de

rematar o ano. Trátase dun reto asumible, compartido e, sobre todo, ilusionante para un

grupo que en edicións anteriores superaba as 60 persoas participantes, con idades

comprendidas entre os 30 e os 80 anos.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Para a concelleira de Cultura do Pino, Eva Varela, o éxito do programa vai moito máis alá

da actividade física. “Camiña e Descubre é saúde, é descubrir lugares e facer o Camiño,

pero tamén é convivencia, compañeirismo e unha forma moi natural de relacionarse. Aquí

camiñamos xuntos, compartimos esforzos e tamén momentos de lecer, sempre arredor dun

bo xantar que pecha cada xornada”, explica.


Aínda que o programa prioriza a participación da veciñanza do Pino, ao longo dos anos foi

creando unha pequena comunidade de persoas fieis que chegan tamén doutros concellos

como Santiago, Frades, Oroso ou Touro, atraídas polo ambiente próximo e pola coidada

organización das etapas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nesta edición, Camiña e Descubre propón percorrer o tramo Ourense–Santiago da Vía da

Prata, unha ruta histórica que atravesa paraxes rurais, espazos naturais e lugares de

grande valor patrimonial. Desde a saída da cidade de Ourense, cruzando o Miño pola ponte romana e pasando por localidades emblemáticas como Cea, coñecida polo seu pan, o grupo irá avanzando por concellos de Ourense, Pontevedra e A Coruña.


O itinerario inclúe tramos forestais, antigas pontes medievais como a de Pontenoufe,

camiños reais protexidos, aldeas cun destacado patrimonio etnográfico como Dornelas, e pasos simbólicos como o cruzamento do río Ulla, xa ás portas da provincia da Coruña. O

camiño continuará cara a Lestedo e Susana, coa presenza constante do Pico Sacro no

horizonte, antes da entrada definitiva en Santiago.


Cada etapa é unha oportunidade para descubrir o territorio con calma, para conversar,

para observar e para entender que o Camiño tamén é unha forma de coñecerse mellor uns

a outros.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O terceiro sábado de cada mes, salvo no verán, celebrarase unha nova etapa.


Inscricións e información

O Concello do Pino manterá as condicións organizativas das edicións anteriores así como o prezo de 8 euros por persoa e etapa.


As persoas interesadas poden informarse e formalizar a súa inscrición a través da Casa da

Cultura, no teléfono 981 511 065, ou no correo electrónico cultura@opino.gal. A información detallada sobre o calendario de etapas, inscricións e condicións de

participación estará dispoñible tamén na web municipal www.opino.gal


Co programa Camiña e Descubre, o Concello do Pino reafirma o seu compromiso coa

promoción de hábitos de vida saudables, o coñecemento do patrimonio cultural e natural

de Galicia e o fortalecemento das relacións sociais a través dunha actividade accesible e

integradora.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page