top of page

O Pino terá dúas casas do maior nas unitarias de Ferreiros e de Lardeiros para atender 10 persoas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Dúas persoas autónomas porán en marchas os proxectos para atender a maiores de 60 anos un máximo de 40 horas semanais de luns a venres laborais


Laura Moure/O Pino

O Pino contará en 2025 con dúas casas do maior nas que se poderá a tender a un máximo de dez persoas maiores de 60 anos durante 40 horas semanais, de luns a venres laborais. Para poñer en marcha este servizo, que será prestado por dúas autónomas do municipio, o Concello acondicionou as antigas escolas unitarias de Ferreiros e Lardeiros.

O obxectivo é dedicar a metade da planta baixa de ambos os edificios para poder atender ás persoas maiores. O Concello non descarta habilitar máis locais noutras parroquias se hai demanda para poñer en marcha máis unidades deste servizo.


Publicidade  


As casas do maior poderán comezar a funcionar durante 2025. Trátase dun servizo gratuíto de atención diúrna a persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou en situación de dependencia de grao I ou II, que estean empadroadas no Pino. En cada casa do maior pódense atender a un máximo de cinco persoas. As casas do maior ofrecen atención de luns a venres, cun máximo de corenta horas semanais. O servizo, atendido por unha persoa autónoma ou cooperativas de traballo asociado, está aberto todo o ano agás festivos e un mes de vacacións.


No último Pleno, o alcalde, Manuel Taboada, explicou que o Concello aposta por este servizo fronte ao centro de día, “porque a casa do maior é gratuíta e no centro de día as persoas usuarias teñen que pagar sobre 500 euros mensuais”. O alcalde tamén indicou que nas casas do maior o transporte pode ser gratuíto para as persoas usuarias.


No caso de Lardeiros e de Ferreiros hai dúas mulleres do municipio que xa solicitaron poñer en marcha as dúas casas do maior, por iso o Concello acondicionou os locais para que poidan estar en funcionamento o antes posible. En ambos casos, o espazo dedicado a casa do maior contará con zona de estar ampla, cociña, despensa e baños adaptados.


“Se hai más persoas autónomas interesadas en montar casas do maior noutras parroquias, dende o Concello facilitaremos e acondicionaremos os edificios para achegar este servizo tan importante a nosa veciñanza”, dixo Manuel Taboada no Pleno. “Con catro casas do maior xa podemos ofrecer o mesmo servizo que nun centro de día de 20 prazas,

e facelo máis preto da residencia habitual dos veciños e veciñas que precisen do servizo, polo que pensamos que vai ser máis beneficioso para todos”, dixo Manuel Taboada no pleno en resposta a unha pregunta formulada polo grupo socialista.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Residencia de maiores

No pleno celebrado o 16 de decembro, no que se aprobaron os orzamentos para 2025, Manuel Taboada explicou que aínda que o Concello aposta agora polas casa do maior fronte ao centro de día, segue mantendo a necesidade de contar cunha residencia para persoas da terceira idade.


“Seguimos negociando coa Consellería de Política Social a construción dunha residencia para persoas maiores”, indicou Taboada. Con este obxectivo, o Concello é propietario dunha parcela que mercou en Arca, en fronte do centro de saúde, do colexio e da casa de cultura.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page