top of page

O Pino reivindica no 8M a igualdade de dereitos e oportunidades nunha sociedade máis xusta

O manifesto institucional recoñece que se deron moitos avances e agradece o traballo de todas as mulleres que construíron a realidade que temos hoxe


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, animou onte a manter o espírito de “loita pola igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres nunha sociedade máis xusta, na que primen os valores e principios que garantan os dereitos fundamentais”. Durante a lectura do manifesto institucional para conmemorar o Día Internacional da Muller,

Taboada Vigo agradeceu o traballo de todas as mulleres que no pasado construíron en materia de igualdade a realidade coa que hoxe nos atopamos.

FOTO

Nun mural instalado na entrada da Casa Consistorial para conmemorar o 8M destacan

cualificativos como “valentes”, “loitadoras”, “emprendedoras” ou “compañeiras” referidos

ás mulleres, para as que se reclama “respecto”.


Manuel Taboada leu o manifesto institucional do Concello do Pino polo 8M, no que se recoñecen os avances acadados ata o momento, e se afirma que “a igualdade efectiva en

todos os aspectos da vida segue sendo unha meta por conseguir”. “Aínda hai moitos ámbitos, destacando os máis cotiás, nos que subsiste a discriminación, directa ou indirecta”, engade. “A igualdade debe ser entendida como un indicador de prosperidade e avance social”, afirmou Taboada Vigo, que animou a “alonxarse dos estereotipos de xénero aínda existentes”.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Concello do Pino celebran os avances en materia de igualdade e recoñecen o traballo de todas as mulleres que construíron a realidade que nos atopamos. Pero este 8M debe ser tamén “un día de concienciación de que estamos ante unha loita inacabada”, e quedebemos seguir construíndo unha sociedade que garanta os dereitos fundamentais de todasas mulleres “como cidadás que participan activamente de maneira equitativa na sociedade e tendo autonomía para tomar decisións no desenvolvemento da súa vida”.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais da lectura do manifesto, o Concello do Pino colocou unha pancarta no balón da Casa Consistorial e comeza unha campaña de sensibilización na que colabora o comercio local. Nos vindeiros días realizaranse diferentes actividades co alumnado do CPI Camiño de Santiago.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page