top of page

O Pino recupera a súa media maratón coa celebración da carreira Os 21 do Galo Piñeiro

18 jul 2025
2 min de lectura

Será o o 2 de agosto


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, presentaron este xoves 17 de xullo a primeira edición da carrera Os 21 do Galo Piñeiro, proba que se desenvolverá o sábado 2 de agosto e que contará con catro distancias diferentes para que poidan participar atletas de todas as idades. Unha media maratón (21 quilómetros) e unha carreira de 8 quilómetros, que seguirán o itinerario do Camiño Francés, son as propostas para as persoas adultas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A proba, organizada en colaboración coa Sociedade Deportiva Compostela-Tambre Lengüelle, seguirá o trazado do Camiño Francés e, tal e como lembrou o alcalde na presentación, “dálle continuidade á media maratón que xa se celebraba antano entre Arzúa e O Pino, tendo como escenario as fermosas paisaxes do Camiño de Santiago”.


Ivan Sanmartín refrendou as palabras de Manuel Taboada ao recordar a súa etapa como

técnico de Deportes no Pino e a organización da devandita media maratón. Destacou así

mesmo o privilexio que supón correr polo Camiño xunto a tantos peregrinos: “É un auténtico pracer compartir esta ruta nun ambiente tan especial”, sinalou.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A media maratón dos 21 do Galo Piñeiro sairá da capela da Madalena de Arzúa ás 19:30 horas, mentres que as persoas participantes na proba de 8 quilómetros tomarán a saída ás

19:50 horas dende o restaurante A’Esquipa. A meta estará situada a carón do Concello do

Pino.


Nos arredores da meta desenvolveranse as dúas probas para a rapazada: un circuíto de 3 quilómetros para mozas e mozos de entre 13 e 15 anos, que partirá ás 19:30 horas; e outro

de 1,5 quilómetros para participantes de entre 10 e 12 anos, que comezará ás 19:45 horas.


Recuperar a media maratón do Pino coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro ofrece unha forma diferente de coñecer o Camiño de Santiago, combinando deporte, patrimonio e gastronomía nunha experiencia lúdica e accesible. Ademais, permitirá

compartir o percorrido con peregrinos de todas as partes do mundo en pleno camiño, o que lle engade valor e autenticidade á vivencia.

Na presentación dos 21 do Galo Piñeiro, que tivo lugar no Casa Consistorial do Pino, participaron tamén o concelleiro de Deportes do Concello do Pino, Borja Castro; e o responsable de seguridade viaria da proba, Antonio Riveira. O primeiro subliñou a importancia de fomentar o deporte dende idades temperás, ofrecendo actividades que

animen aos máis cativos a gozar do exercicio físico e da natureza. Pola súa parte, Riveira quixo agradecer expresamente “a implicación de todos os efectivos que fan posible a

carreira, dende os voluntarios ata o persoal dos concellos participantes”.


As inscricións están abertas ata o 30 de xullo en www.carreirasgalegas.com , onde tamén se pode ver o regulamento da proba.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page