top of page

O Pino organiza o seu I Torneo de Fútbol Sala os días 26 e 27 de xuño nos pavillóns de Reboredo e Lameiro

A inscrición está aberta ata o 22 deste mes

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino pon en marcha o I Torneo de Fútbol Sala do Concello do Pino, unha nova cita deportiva destinada a fomentar a práctica do deporte, a convivencia e a participación entre afeccionados ao fútbol sala. A competición celebrarase os días 26 e 27 de xuño nos pavillóns municipais de Reboredo e Lameiro.

O torneo, dirixido a persoas maiores de 18 anos, arrancará na tarde do venres 26 e prolongarase ao longo do sábado 27, reunindo equipos procedentes do municipio e da contorna nunha fin de semana marcada pola competición e o ambiente deportivo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A participación será totalmente gratuíta e os equipos deberán estar formados por un mínimo de 7 xogadores e un máximo de 12. Ademais, establécese un límite de 12 equipos

participantes, polo que as prazas se cubrirán por orde de inscrición.


Os encontros disputaranse en formato de dous tempos de vinte minutos, e o torneo contará

cunha primeira fase de grupos e unha fase final para decidir os equipos campións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O prazo de inscrición xa está aberto ata o luns 22 de xuño, e deberá formalizarse presencialmente na Área de Deportes do Concello do Pino. Desde o Concello do Pino animan á veciñanza e aos afeccionados ao fútbol sala a sumarse a esta primeira edición, que pretende converterse nunha cita fixa dentro da programación deportiva municipal e nun punto de encontro para compartir deporte, compañeirismo e diversión.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page